IMAGINA, EMPRENDE......

IMAGINA, EMPRENDE......

sábado, 28 de abril de 2012

ACTIVIDADE Nº 16:LA ENTREVISTA DE TRABAJO


Agora debes encher un cuestionario de preguntas a afrontar nunha entrevista de traballo. Para ello utiliza os seguintes consellos:


Tipos de entrevista
1.          Agresión- Presión: O entrevistador agresión- presión pretende intimidarche con preguntas. O mellor é non deixarse intimidar e tentar manter o control.
2.          Cordial: É un entrevistador que desexa que fales moito para sacar moita información facendo a entrevista. Trata de crear un clima distendido e fai a entrevista moi amena. O importante é non falar demais e controlar o que se quere transmitir.
3.          Desestructurada: El entrevistador trata de equivocarche cambiando de tema para que che olvides do que estabas a falar. Debes tratar de reconducir a conversa cara o tema profesional ou ter boa memoria e lembrar do que estabas falando.
4.          Silenciosa: O entrevistador quédase calado tras facer a pregunta oportuna. A solución é tratar de que non existan silencios incómodos. Podemos facer unha síntese do que xa comentaches antes ou ben comentar algo sobre a empresa para demostrar interese nela.
Temas con trampa
O entrevistador pode falar mal dos xefes ou compañeiros anteriores para que ti o fagas tamén.
Pode queixarse de que traballa moito para ver a túa predisposición ao traballo.
Respostas e comportamentos intelixentes
Non é bo esaxerar moito sobre os coñecementos ou capacidades pois é doado comprobalos mediante unha proba.
É recomendable mostrar flexibilidade na incorporación e no tema de posibles traslados.  Non é axeitado mostrar posturas inflexibles.
Cando nos pregunten sobre nós debemos destacar os puntos fortes.
Cando nos pregunten sobre os puntos débiles debemos tentar que en realidade non o parezan facendo unha autocrítica ou proposta de mellora.
Non manteñamos a vista perdida, tentar manter o contacto visual.
Non manter unha actitude desinhibida ou reirse sin sentido:  Mostra una falta de control ou desinterese.
Controlar as “Muletillas” (O sea, bien, bueno, eh,  etc.)
Tentar usar un vocabulario formal e variado.
A postura debe ser relaxada, nin ríxida nin axitada.
Non mostrar inexpresividade. Pode parecer derrotismo ou exceso de confianza.

jueves, 26 de abril de 2012

ACTIVIDADE Nº 15: O ORGANIGRAMA (FICHA E ACTIVIDADE DO PROXECTO)

 FICHA C-61     O ORGANIGRAMA

Imos incluir no proxecto un organigrama que describa os postos de traballo que hai na nosa empresa e o seu custo.

O organigrama é unha representación gráfica da estrutura dunha organización, é dicir, das áreas ou
departamentos que a compoñen e das relacións xerárquicas e funcionais entre os membros da mesma.

Polo tanto, pode adoptar diferentes formas. Isto depende de diversos factores, como o tamaño da
organización, os produtos que oferta, o territorio que abrangue, etc. Varía desde as estruturas máis simples,como a dun pequeno negocio familiar, cun solo centro de decisión e dous ou tres niveis xerárquicos, ata as grandes organizacións.

É posible crear organigramas con diferentes niveis de detalle. Desde os máis sinxelos, con dous niveis xerárquicos e a estrutura por áreas funcionais, ata os que representen os distintos postos de traballo, as súas funcións.

organigrama

Por exemplo, unha empresa divídese en tres áreas: administración e finanzas, produción e vendas. Existe unha Dirección Xeral que coordina todas as actividades da empresa e se coloca na cumio da xerarquía.
Cada unha destas tres áreas aglutina outras áreas, que dependen organicamente do responsable das mesmas:
Administración e finanzas: recursos humanos, servizos internos, finanzas e administración.
Produción: almacén e fabricación.
Vendas: investigación de mercados e comercial.
A cantidade de departamentos, así como as relacións xerárquicas entre os mesmos, dependerán da
actividade da empresa.
É importante resaltar que:
Os niveis xerárquicos se ordenan de arriba cara a abaixo: os departamentos ou áreas no mesmo nivel teñen o mesmo rango (neste caso, por razóns de espazo, as áreas do terceiro nivel colócanse en vertical);as liñas que conectan os departamentos representan as relacións de xerarquía;

Os órganos que compoñen cada departamento poden ser unipersoais ou colexiados; así, a Dirección
Xeral pódea exercer unha persoa ou podería ser exercida por un Comité de Dirección integrado por varias persoas, que decide por maioría ou unanimidade;

As relacións xerárquicas danse entre as diferentes áreas da empresa, na medida na que teñen definidas unhas tarefas e competencias: por exemplo, no caso de que o Comité de Dirección estea composto polos responsables de Administración e Finanzas, Produción e Vendas, o responsable de produción, como tal, está vinculado ás decisións do comité aínda que pertenza ao mesmo; pode coordinar as actividades do seu departamento, mais en principio non ten autoridade sobre as persoas de nivel inferior dos outros dous departamentos.

FONTE:  (BIC GALICIA) para “Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras” http://www.iniciativaemprendedora.org/

ACTIVIDADE Nº 15

Elaborad en word o organigrama do voso negocio, especificando os departamentos que o componen, e o número de traballadores que hai en cada un.

Para cada posto describid as funcións, tarefas e responsabilidades que terá asignadas cada traballador.

Tamén a formación e experiencia que requiere cada posto.

Como o organigrama non admite ser copiado no blog, utiliza o sistema da captura de pantalla e o pegado no paint. Logo insertade no blog como unha imaxe.

Podes consultar outros proxectos en crearempresas.com por exemplo no seguinte enlace e pinchando na área de recursos humanos.


http://www.crearempresas.com/proyectos10/ingame/ingame/index.htm

Data de presentación: Luns 16/04/2012


miércoles, 21 de marzo de 2012

ACTIVIDADE Nº 14: ESTIMACIÓN COSTES DA COMUNICACIÓN





Seguro que tes escollidas moitas accións publicitarias e de comunicación para dar a coñecer o teu negocio.

Agora ven o momento de investigar cánto te vai costar.

Utiliza a web para saber o custo das cousas que vas facer: publicidad na prensa, radio, carteis, obsequios, páxina web, etc. As páxinas dos medios indican as súas tarifas.
Suxerencias:
Por exemplo a da Voz de Galicia: http://www.lavozdegalicia.es/edicionimpresa/

Sobre tarifas na radio:
http://www.anuncios-radio.com/publicidad/index.php

Elabora un orzamento co custo estimado de todas as opcións que elixiches.

ACTIVIDADE Nº 13: A COMPETENCIA

Dentro del apartado 5 do noso proxecto adicao ao mercado atopamos o punto 5.2 A competencia
Neste apartado trátasea de enumerar aqueles negocios cos que competimos ben porque satisfacen a mesma necesidade que o noso negocio, ou ben porque vendan o mesmo produto ou presten o mesmo servizo ou ben porque sexan substitutivos.

Busca a través das páxinas amarelas da web os negocios cercanos cos que competides.
Entra en:   http://www.paginasamarillas.es/    y utiliza la opcíon de búsqueda avanzada.



jueves, 23 de febrero de 2012

ACTIVIDADE 12:A COMUNICACIÓN DO PROXECTO


FICHA C-44: A COMUNICACIÓN Fonte: BicGalicia

Agora debes completar o punto 6 do guión do proxecto. No punto 6.2 Accións de promoción trátase de describir as accións que se desenvolverán para dar a coñecer a existencia e o desenvolvemento do proxecto aos colectivos nos que se atopan os posibles destinatarios finais dos produtos ou servizos.

Pódense empregar distintos mecanismos para dar a coñecer o produto ou servizo:

- Un elemento importante é a imaxe do produto, o empaquetado e envasado, onde o empaquetado é aquela parte que recolle o envase do produto, que é o que recolle o produto. Débese analizar a importancia dos mesmos. Exemplo: nun bote de Cola Cao, o empaquetado é a caixa de cartón e o envase a bolsa que contén o produto.

Isto terémolo en conta tamén si se trata dun servizo xa que a imaxe do producto neste caso é o establecemento, a súa imaxe e o seu rótulo.

Este aspecto xa debe estar recollido do deseño do local e máis do logotipo.

- Só ou en conxunto, véndese individualmente ou conxuntamente con outros produtos ou servizos?

Exemplo: se seguimos co Cola Cao, véndese só, pero tamén mesturado xa con leite, ofreceremos tapa coa consumición?

- Existen mínimos. Cantidade mínima de produto que se vende, estancia mínima nun hotel.

- Prezo. Cales serán as tarifas de prezos? En que nos fixaremos para determinalos?

- Promoción. Descontos, obsequios, premios 2x1, vales promocionais, vendas en datas especiais, mostras, tarxetas de fidelización...

- Medios para darse a coñecer: Venda persoal, marketing directo, Internet, publicidade, relacións públicas...

- Igualmente definirase a forma en que estes produtos ou servizos chegarán aos destinatarios finais do proxecto, é dicir, en u tipo de tendas ou locais se venderán.

Polo tanto, faise preciso analizar os medios que poden ser empregados para dar a coñecer o produto ou servizo: venda persoal, publicidade, relacións públicas e promoción de vendas.

- Venda persoal: é a comunicación oral e persoal a través da cal se transmite a mensaxe ao destinatario e se recibe resposta do mesmo de forma simultánea e inmediata. Isto permite convencelo dos beneficios que lle pode achegar o produto ou servizo.

- Marketing directo: conxunto de instrumentos de promoción directa dirixido a un público previamente seleccionado xeralmente mediante bases de datos. Engloba actividades tales como a publicidade por correo, por teléfono (telemarketing), por fax e correo electrónico.

- Publicidade: é toda transmisión de información impersoal e remunerada efectuada a través dos medios de comunicación de masas (prensa, radio, televisión, etc...) mediante anuncios ou insercións pagados polo vendedor e cuxa mensaxe é controlada polo anunciante.

- Relacións públicas: consisten nun conxunto de actividades que inclúen as relacións coa prensa, o coidado da imaxe e o patrocinio. O obxecto das mesmas é a difusión de información favorable a través dos medios de comunicación, para mellorar a imaxe da entidade e a dos produtos ou servizos que ofrece, tanto ante os distintos públicos aos que se dirixen en particular como ante a sociedade en xeral.

- Promoción de vendas: conxunto de actividades que, mediante a utilización de incentivos materiais o económicos (premios, regalos, cupóns, descontos, maior cantidade de produto, mostras, etc...), tratan de estimular de forma directa e inmediata a demanda a curto prazo dun produto.

PROXECTO Comunicación B2-C044


Modelo de Plan de Negocio 2

Guión do Modelo de Plan de Negocio 2



4. Proceso de prestación do servizo

Explicación de cómo se vai desenvolver a actividade. Un exemplo sería o horario que terá o negocio, os diferentes servizos que presta ou si hai tarefas que se van subcontratar e que empresa o faría.

5. O mercado

5.1 Definición do mercado

Deseño dunha enquisa ou cuestionario para coñecer os gustos do mercado potencial.

Descrición do tipo de clientes e segmento do mercado ao que nos diriximos.(ver ficha C-43 y F-137)

5.2 A competencia

neste apartado trátasea de enumerar aqueles negocios cos que competimos porque satisfacen a mesma necesidade que o noso negocio, ou ben porque vendan o mesmo produto ou presten o mesmo servizo ou ben porque sexan substitutivos.

A continuación se explicará en qué se diferenza o noso negocio dos demais: elementos de diferenciación ou vantaxes competitivas.

5.3 Análise DAFO

Elaborarase unha matriz DAFO (debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades) ver blog

6. A comercialización do servizo

6.1 Presentación da empresa e os seus servizos

Se presentará o nome comercial da empresa e os motivos polos cales se escolleu. Tamén se incluirá o logotipo que servirá para o rótulo do negocio.

Se diseñará un slogan  que se axuste a imaxe do negocio ou posicionamento que se quere conseguir.

6.2 Accións de promoción

Se explicarán as distintas medidas de comunicación que se van a empregar para dar a coñecer o negocio de entre as alternativas estudadas (ver ficha C-44)

Venta persoal

Marketing directo

Relacións públicas

Promoción de vendas

6.3 Determinación do prezo de venta ea súa comparación cos da competencia

As tarifas de prezos explicando en relación co punto anterior si se van facer descontos, tarifas especiais, promocións, etc.


6.4 Deseña un folleto publicitario para dar a coñecer a apertura do teu negocio. ¡Sé creativo!

7. A localización da empresa

7.1 Asentamento previsto e criterios para a súa elección

Mapa indicando o lugar onde se instalará o negocio e explicación de los motivos polos cales se elixiu dito emprazamento. Por exemplo:

- Lugar céntrico

- Lugar ben comunicado

- Lugar con fácil aparcamento

- Lugar ben visible

- Zona comercial con oferta doutros negocios similares

- Ausencia de competidores na zona

- Nivel de renda familiar

- Elevado número de habitantes

- Idade da poboación: nenos, xóvenes, maiores segundo interese.

7.2 Terreos, edificios, instalacións

Descrición do tamaño do local e distribución do mesmo en función dos usos que terán cada parte.

Opcional: Pode facerse un plano ou incluír fotos.

En este punto se estiman os primeiros custos:

1º - O custo do local : hai que elixir entre aluguer ou compra. En cada caso se debe consultar en internet o custo do metro cadrado na zona na modalidade elixida: aluguer ou compra.

2º - O custo de acondicionar o local: pintar, Tirar ou facer tabiques, poñer rótulos, etc.

8. Recursos humanos

8.1 Relación de postos de traballo que se van crear

Describiranse os distintos postos de traballo, as tarefas que se realizarán en cada un deles e a categoría profesional que terá cada un.

Esta información vai determinar o tipo de contrato, e os custos salariais e de seguridade social.

8.3 Organigrama.

Representación gráfica da estrutura de dirección da plantilla.

C-61 Organigrama

8.4 Formas de contratación

Se buscará o convenio colectivo que sexa de aplicación e táboas salariais correspondentes.

Se elixirá o tipo de contrato que se fará a cada traballador.

Ver fichas       C-32 Que é un contrato de traballo?

                        C-33 Que é un convenio colectivo?

                        C-34 Os dereitos e deberes de traballadores e empresarios

C-56 Contratos de traballo

C-63 O salario

Consultar memofichas


                Http:// traballo.xunta.es


domingo, 12 de febrero de 2012

ACTIVIDADE Nº 11:PLANO DO TEU LOCAL


A seguinte tarefa do plan de empresa consiste en incluir un plano do local.
Para ello utilizaremos o programa FLOORPLANNER.
Enlace:
http://floorplanner.com/

1º Debeis rexistraros empregando a conta de correo que xa empregachedes para o blog, no botón:
 FREE SIGNUP

2º Debeis deseñar as estancias e facer as divisións do local.
3º Se pode visualizar o local en 3D
4º Amueblad as estancias.
5º Abrindo o menú fiestras e portas insertanse na parede estos elementos.
6º Por último para obter a imaxe e instalala no plan de empresa (no blog) faredes unha captura de pantalla
do plano en 2D e 3D:
           - Fn + Impr Pantalla
           - Botón dereito: pegar
           - Poñéndonos encima escollemos Gardar como imaxe
           - Tamén podemos gardala no paint.
           - TPor último a insertamos como imaxe no blog subindo a imaxe desde a carpeta onde a gardases.