IMAGINA, EMPRENDE......

IMAGINA, EMPRENDE......

sábado, 28 de abril de 2012

ACTIVIDADE Nº 16:LA ENTREVISTA DE TRABAJO


Agora debes encher un cuestionario de preguntas a afrontar nunha entrevista de traballo. Para ello utiliza os seguintes consellos:


Tipos de entrevista
1.          Agresión- Presión: O entrevistador agresión- presión pretende intimidarche con preguntas. O mellor é non deixarse intimidar e tentar manter o control.
2.          Cordial: É un entrevistador que desexa que fales moito para sacar moita información facendo a entrevista. Trata de crear un clima distendido e fai a entrevista moi amena. O importante é non falar demais e controlar o que se quere transmitir.
3.          Desestructurada: El entrevistador trata de equivocarche cambiando de tema para que che olvides do que estabas a falar. Debes tratar de reconducir a conversa cara o tema profesional ou ter boa memoria e lembrar do que estabas falando.
4.          Silenciosa: O entrevistador quédase calado tras facer a pregunta oportuna. A solución é tratar de que non existan silencios incómodos. Podemos facer unha síntese do que xa comentaches antes ou ben comentar algo sobre a empresa para demostrar interese nela.
Temas con trampa
O entrevistador pode falar mal dos xefes ou compañeiros anteriores para que ti o fagas tamén.
Pode queixarse de que traballa moito para ver a túa predisposición ao traballo.
Respostas e comportamentos intelixentes
Non é bo esaxerar moito sobre os coñecementos ou capacidades pois é doado comprobalos mediante unha proba.
É recomendable mostrar flexibilidade na incorporación e no tema de posibles traslados.  Non é axeitado mostrar posturas inflexibles.
Cando nos pregunten sobre nós debemos destacar os puntos fortes.
Cando nos pregunten sobre os puntos débiles debemos tentar que en realidade non o parezan facendo unha autocrítica ou proposta de mellora.
Non manteñamos a vista perdida, tentar manter o contacto visual.
Non manter unha actitude desinhibida ou reirse sin sentido:  Mostra una falta de control ou desinterese.
Controlar as “Muletillas” (O sea, bien, bueno, eh,  etc.)
Tentar usar un vocabulario formal e variado.
A postura debe ser relaxada, nin ríxida nin axitada.
Non mostrar inexpresividade. Pode parecer derrotismo ou exceso de confianza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario