Agora debes encher un cuestionario de preguntas a afrontar nunha entrevista de traballo. Para ello utiliza os seguintes consellos:
Tipos de entrevista
1.
Agresión- Presión: O entrevistador agresión- presión pretende
intimidarche con preguntas. O mellor é non deixarse intimidar e tentar manter o
control.
2.
Cordial: É un entrevistador que desexa que fales moito
para sacar moita información facendo a entrevista. Trata de crear un clima distendido
e fai a entrevista moi amena. O importante é non falar demais e controlar o que
se quere transmitir.
3.
Desestructurada: El entrevistador trata de equivocarche
cambiando de tema para que che olvides do que estabas a falar. Debes tratar de reconducir
a conversa cara o tema profesional ou ter boa memoria e lembrar do que estabas falando.
4.
Silenciosa: O entrevistador quédase calado tras facer a
pregunta oportuna. A solución é tratar de que non existan silencios incómodos.
Podemos facer unha síntese do que xa comentaches antes ou ben comentar algo
sobre a empresa para demostrar interese nela.
Temas con trampa
O entrevistador
pode falar mal dos xefes ou compañeiros anteriores para que ti o fagas tamén.
Pode queixarse de
que traballa moito para ver a túa predisposición ao traballo.
Respostas e comportamentos intelixentes
Non é bo esaxerar
moito sobre os coñecementos ou capacidades pois é doado comprobalos mediante
unha proba.
É recomendable
mostrar flexibilidade na incorporación e no tema de posibles traslados. Non é axeitado mostrar posturas inflexibles.
Cando nos
pregunten sobre nós debemos destacar os puntos fortes.
Cando nos
pregunten sobre os puntos débiles debemos tentar que en realidade non o parezan
facendo unha autocrítica ou proposta de mellora.
Non manteñamos a
vista perdida, tentar manter o contacto visual.
Non manter unha
actitude desinhibida ou reirse sin sentido: Mostra una falta de control ou desinterese.
Controlar as “Muletillas”
(O sea, bien, bueno, eh, etc.)
Tentar usar un
vocabulario formal e variado.
A postura debe
ser relaxada, nin ríxida nin axitada.
Non mostrar inexpresividade.
Pode parecer derrotismo ou exceso de confianza.