IMAGINA, EMPRENDE......

IMAGINA, EMPRENDE......

jueves, 23 de febrero de 2012

ACTIVIDADE 12:A COMUNICACIÓN DO PROXECTO


FICHA C-44: A COMUNICACIÓN Fonte: BicGalicia

Agora debes completar o punto 6 do guión do proxecto. No punto 6.2 Accións de promoción trátase de describir as accións que se desenvolverán para dar a coñecer a existencia e o desenvolvemento do proxecto aos colectivos nos que se atopan os posibles destinatarios finais dos produtos ou servizos.

Pódense empregar distintos mecanismos para dar a coñecer o produto ou servizo:

- Un elemento importante é a imaxe do produto, o empaquetado e envasado, onde o empaquetado é aquela parte que recolle o envase do produto, que é o que recolle o produto. Débese analizar a importancia dos mesmos. Exemplo: nun bote de Cola Cao, o empaquetado é a caixa de cartón e o envase a bolsa que contén o produto.

Isto terémolo en conta tamén si se trata dun servizo xa que a imaxe do producto neste caso é o establecemento, a súa imaxe e o seu rótulo.

Este aspecto xa debe estar recollido do deseño do local e máis do logotipo.

- Só ou en conxunto, véndese individualmente ou conxuntamente con outros produtos ou servizos?

Exemplo: se seguimos co Cola Cao, véndese só, pero tamén mesturado xa con leite, ofreceremos tapa coa consumición?

- Existen mínimos. Cantidade mínima de produto que se vende, estancia mínima nun hotel.

- Prezo. Cales serán as tarifas de prezos? En que nos fixaremos para determinalos?

- Promoción. Descontos, obsequios, premios 2x1, vales promocionais, vendas en datas especiais, mostras, tarxetas de fidelización...

- Medios para darse a coñecer: Venda persoal, marketing directo, Internet, publicidade, relacións públicas...

- Igualmente definirase a forma en que estes produtos ou servizos chegarán aos destinatarios finais do proxecto, é dicir, en u tipo de tendas ou locais se venderán.

Polo tanto, faise preciso analizar os medios que poden ser empregados para dar a coñecer o produto ou servizo: venda persoal, publicidade, relacións públicas e promoción de vendas.

- Venda persoal: é a comunicación oral e persoal a través da cal se transmite a mensaxe ao destinatario e se recibe resposta do mesmo de forma simultánea e inmediata. Isto permite convencelo dos beneficios que lle pode achegar o produto ou servizo.

- Marketing directo: conxunto de instrumentos de promoción directa dirixido a un público previamente seleccionado xeralmente mediante bases de datos. Engloba actividades tales como a publicidade por correo, por teléfono (telemarketing), por fax e correo electrónico.

- Publicidade: é toda transmisión de información impersoal e remunerada efectuada a través dos medios de comunicación de masas (prensa, radio, televisión, etc...) mediante anuncios ou insercións pagados polo vendedor e cuxa mensaxe é controlada polo anunciante.

- Relacións públicas: consisten nun conxunto de actividades que inclúen as relacións coa prensa, o coidado da imaxe e o patrocinio. O obxecto das mesmas é a difusión de información favorable a través dos medios de comunicación, para mellorar a imaxe da entidade e a dos produtos ou servizos que ofrece, tanto ante os distintos públicos aos que se dirixen en particular como ante a sociedade en xeral.

- Promoción de vendas: conxunto de actividades que, mediante a utilización de incentivos materiais o económicos (premios, regalos, cupóns, descontos, maior cantidade de produto, mostras, etc...), tratan de estimular de forma directa e inmediata a demanda a curto prazo dun produto.

PROXECTO Comunicación B2-C044


Modelo de Plan de Negocio 2

Guión do Modelo de Plan de Negocio 2



4. Proceso de prestación do servizo

Explicación de cómo se vai desenvolver a actividade. Un exemplo sería o horario que terá o negocio, os diferentes servizos que presta ou si hai tarefas que se van subcontratar e que empresa o faría.

5. O mercado

5.1 Definición do mercado

Deseño dunha enquisa ou cuestionario para coñecer os gustos do mercado potencial.

Descrición do tipo de clientes e segmento do mercado ao que nos diriximos.(ver ficha C-43 y F-137)

5.2 A competencia

neste apartado trátasea de enumerar aqueles negocios cos que competimos porque satisfacen a mesma necesidade que o noso negocio, ou ben porque vendan o mesmo produto ou presten o mesmo servizo ou ben porque sexan substitutivos.

A continuación se explicará en qué se diferenza o noso negocio dos demais: elementos de diferenciación ou vantaxes competitivas.

5.3 Análise DAFO

Elaborarase unha matriz DAFO (debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades) ver blog

6. A comercialización do servizo

6.1 Presentación da empresa e os seus servizos

Se presentará o nome comercial da empresa e os motivos polos cales se escolleu. Tamén se incluirá o logotipo que servirá para o rótulo do negocio.

Se diseñará un slogan  que se axuste a imaxe do negocio ou posicionamento que se quere conseguir.

6.2 Accións de promoción

Se explicarán as distintas medidas de comunicación que se van a empregar para dar a coñecer o negocio de entre as alternativas estudadas (ver ficha C-44)

Venta persoal

Marketing directo

Relacións públicas

Promoción de vendas

6.3 Determinación do prezo de venta ea súa comparación cos da competencia

As tarifas de prezos explicando en relación co punto anterior si se van facer descontos, tarifas especiais, promocións, etc.


6.4 Deseña un folleto publicitario para dar a coñecer a apertura do teu negocio. ¡Sé creativo!

7. A localización da empresa

7.1 Asentamento previsto e criterios para a súa elección

Mapa indicando o lugar onde se instalará o negocio e explicación de los motivos polos cales se elixiu dito emprazamento. Por exemplo:

- Lugar céntrico

- Lugar ben comunicado

- Lugar con fácil aparcamento

- Lugar ben visible

- Zona comercial con oferta doutros negocios similares

- Ausencia de competidores na zona

- Nivel de renda familiar

- Elevado número de habitantes

- Idade da poboación: nenos, xóvenes, maiores segundo interese.

7.2 Terreos, edificios, instalacións

Descrición do tamaño do local e distribución do mesmo en función dos usos que terán cada parte.

Opcional: Pode facerse un plano ou incluír fotos.

En este punto se estiman os primeiros custos:

1º - O custo do local : hai que elixir entre aluguer ou compra. En cada caso se debe consultar en internet o custo do metro cadrado na zona na modalidade elixida: aluguer ou compra.

2º - O custo de acondicionar o local: pintar, Tirar ou facer tabiques, poñer rótulos, etc.

8. Recursos humanos

8.1 Relación de postos de traballo que se van crear

Describiranse os distintos postos de traballo, as tarefas que se realizarán en cada un deles e a categoría profesional que terá cada un.

Esta información vai determinar o tipo de contrato, e os custos salariais e de seguridade social.

8.3 Organigrama.

Representación gráfica da estrutura de dirección da plantilla.

C-61 Organigrama

8.4 Formas de contratación

Se buscará o convenio colectivo que sexa de aplicación e táboas salariais correspondentes.

Se elixirá o tipo de contrato que se fará a cada traballador.

Ver fichas       C-32 Que é un contrato de traballo?

                        C-33 Que é un convenio colectivo?

                        C-34 Os dereitos e deberes de traballadores e empresarios

C-56 Contratos de traballo

C-63 O salario

Consultar memofichas


                Http:// traballo.xunta.es


domingo, 12 de febrero de 2012

ACTIVIDADE Nº 11:PLANO DO TEU LOCAL


A seguinte tarefa do plan de empresa consiste en incluir un plano do local.
Para ello utilizaremos o programa FLOORPLANNER.
Enlace:
http://floorplanner.com/

1º Debeis rexistraros empregando a conta de correo que xa empregachedes para o blog, no botón:
 FREE SIGNUP

2º Debeis deseñar as estancias e facer as divisións do local.
3º Se pode visualizar o local en 3D
4º Amueblad as estancias.
5º Abrindo o menú fiestras e portas insertanse na parede estos elementos.
6º Por último para obter a imaxe e instalala no plan de empresa (no blog) faredes unha captura de pantalla
do plano en 2D e 3D:
           - Fn + Impr Pantalla
           - Botón dereito: pegar
           - Poñéndonos encima escollemos Gardar como imaxe
           - Tamén podemos gardala no paint.
           - TPor último a insertamos como imaxe no blog subindo a imaxe desde a carpeta onde a gardases.

viernes, 10 de febrero de 2012

ACTIVIDADE 10: O MERCADO

O MERCADO
Non existe un único cliente. Dentro do mercado existen grupos de consumidores con necesidades
diferentes. Si agrupamos aqueles que desexan ou necesitan un mesmo tipo de ben o servizo teremos identificado un segmento de mercado.

Un segmento de mercado é polo tanto un grupo de consumidores cunhas mesmas caracedrísticas.

Para determinar a qué segmento de mercado nos diriximos debeis deseñar unha enquisa para coñecer os gustos dos clientes potenciais dos vosos proxectos.

Os seguintes aspectos poden ser interesantes para incluir na enquisa:

- Idade: Debeis ofrecer intervalos de idade para determinar que tipo de clientes poden estar interesados, por exemplo: De 0 a 15, De 15-25, etc.
- Sexo: Debeis obtener información sobre si é determinante ou non.
- Hábitos de diversión, de alimentación, etc.
- Necesidades ou desexos: Qué lle pedirián ao negocio para estar interesados/as en acudir a él.
- Nivel de renta: Indicar tramos de renda para determinar o nivel adquisito dos clientes.
- Número de veces que acude: diariamente, semanalmente, mensualmente, etc.
- Cantidade que se gasta en el tipo de negocio que ofrecemos.

Cada enquisa debe estar adpatada a cada negocio. Deseña as túas propias preguntas.
Logo fai 20 copias para pasar a enquisa na túa clase.

miércoles, 8 de febrero de 2012

ACTIVIDADE Nº 9: O CONTORNO E O ANÁLISE DAFO

1) O CONTORNO
Realiza unha análise do contorno que rodea o teu negocio segundo o punto 2 do guión do plan de empresa:
2.1 Contorno económico
2.2 Contorno sociocultural
2.2 Contorno normativo
2.3 Contorno tecnolóxico

Podes consultar exemplos na web: http://www.crearempresas.com/


2) ANÁLISE DAFO
Outro análise a realizar e o DAFO do teu negocio.
A súa utilidade é coñecer as vantaxes competitivas para deseñar a mellor estratexia comercial.
1º Análise Externa: Detectar amenazas e oportunidades que proveñen do contorno da empresa.
2º Análise Interna: Detectar puntos fortes e débiles que proveñen da propia empresa.

1º Análise Externa
Amenazas: Se trata de cambios no contorno do proxecto, fora do proxecto que poden supoñer algo negativo para o negocio.Por exemplo:

Entrada de novos competidores
Mercado estancado ou maduro
Posible aparición dun producto ou servizo substitutivo
Crecemento das vendas de produtos ou servizos substitutivos
Incremento dos requisitos legais ou lexislación desfavorable
Cambios nas necesidades ou gustos dos consumidores
Fase de recesión ou crise da economía
Endurecemiento das condicións do crédito ou escasez de crédito
Oprtunidades: Se trata de cambios no contorno do proxecto, fora do proxecto que poden supoñer algo positivo para o negocio. Por exemplo:
Aparición de novos mercados ou novos segmentos de mercado
      Eliminación de barreiras comerciais en mercados exteriores
Fase de crecemento da economía
Abaratamento do tipo de xuro dos créditos ou maiores facilidades para o crédito
                Nova lexislación máis favorable

2ºAnálise Interna

Debilidades: Se trata de aspectos internos que poden supoñer unha desvantaxe fronte aos competidores.Por exemplo:
Escaseza de recursos financeiros
Atraso en I+D
Débil imaxe no mercado
Instalacións obsoletas
Fortalezas: Se trata de aspectos internos que poden supoñer unha vantaxe fronte aos competidores. Por exemplo:
Recursos financeiros axeitados
Recursos tecnolóxicos superiores
Vantaxes en custos
Persoal cualificado
Boa Localización
Boa imaxe dos consumidores
Líder do mercado

Exemplo de matriz DAFO dun negocio de xogos virtuais:
DebilidadesAmenazas
  • Falta de experiencia.
  • No nos conoce el público.
  • Algunas personas tienen miedo de las nuevas tecnologías.
  • Tenemos que montar parte del equipo.
  • La sensación de "tocar" no está perfectamente simulada.
  • Capital inicial elevado.
  • Multinacionales con más capacidad de inversión que nosotros.
  • Productos sustitutivos.
  • Crisis económica.
  • Envejecimiento de la población: nuestros clientes principales son jóvenes.
FortalezasOportunidades
  • Somos jóvenes emprendedores.
  • Las nuevas tecnologías suelen gustar.
  • Diferenciación: nuestro servicio no es ofrecido por otra empresa.
  • Alta calidad de la experiencia que ofrecemos.
  • Barreras de entrada: impedirá por un tiempo nuevos competidores.
  • Somos la empresa líder.
  • Nuestro local se encuentra en una zona estratégica de la ciudad.
  • Contratación de personal cualificado para funciones que no podemos realizar nosotros mismos.
  • Amplio horario de atención al público.
  • Publicidad agresiva.
  • Optamos a diversas subvenciones y préstamos.
  • Posibilidad de internacionalización.
  • Previsiones de recuperación económica.
  • Crecimiento de la población de la ciudad de Ferrol
  • Aumento del tejido empresarial de Ferroll.
  • El Euro está alto, y tendremos que comprar los visores en el extranjero.
  • Sociedad cada vez más consumista.
  • Cada vez aumenta el número de adictos a los videojuegos.

Podes consultar máis exemplos na páxina ´www.crearempresas.com que figura no blog.