IMAGINA, EMPRENDE......

IMAGINA, EMPRENDE......

jueves, 23 de febrero de 2012

Modelo de Plan de Negocio 2

Guión do Modelo de Plan de Negocio 2



4. Proceso de prestación do servizo

Explicación de cómo se vai desenvolver a actividade. Un exemplo sería o horario que terá o negocio, os diferentes servizos que presta ou si hai tarefas que se van subcontratar e que empresa o faría.

5. O mercado

5.1 Definición do mercado

Deseño dunha enquisa ou cuestionario para coñecer os gustos do mercado potencial.

Descrición do tipo de clientes e segmento do mercado ao que nos diriximos.(ver ficha C-43 y F-137)

5.2 A competencia

neste apartado trátasea de enumerar aqueles negocios cos que competimos porque satisfacen a mesma necesidade que o noso negocio, ou ben porque vendan o mesmo produto ou presten o mesmo servizo ou ben porque sexan substitutivos.

A continuación se explicará en qué se diferenza o noso negocio dos demais: elementos de diferenciación ou vantaxes competitivas.

5.3 Análise DAFO

Elaborarase unha matriz DAFO (debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades) ver blog

6. A comercialización do servizo

6.1 Presentación da empresa e os seus servizos

Se presentará o nome comercial da empresa e os motivos polos cales se escolleu. Tamén se incluirá o logotipo que servirá para o rótulo do negocio.

Se diseñará un slogan  que se axuste a imaxe do negocio ou posicionamento que se quere conseguir.

6.2 Accións de promoción

Se explicarán as distintas medidas de comunicación que se van a empregar para dar a coñecer o negocio de entre as alternativas estudadas (ver ficha C-44)

Venta persoal

Marketing directo

Relacións públicas

Promoción de vendas

6.3 Determinación do prezo de venta ea súa comparación cos da competencia

As tarifas de prezos explicando en relación co punto anterior si se van facer descontos, tarifas especiais, promocións, etc.


6.4 Deseña un folleto publicitario para dar a coñecer a apertura do teu negocio. ¡Sé creativo!

7. A localización da empresa

7.1 Asentamento previsto e criterios para a súa elección

Mapa indicando o lugar onde se instalará o negocio e explicación de los motivos polos cales se elixiu dito emprazamento. Por exemplo:

- Lugar céntrico

- Lugar ben comunicado

- Lugar con fácil aparcamento

- Lugar ben visible

- Zona comercial con oferta doutros negocios similares

- Ausencia de competidores na zona

- Nivel de renda familiar

- Elevado número de habitantes

- Idade da poboación: nenos, xóvenes, maiores segundo interese.

7.2 Terreos, edificios, instalacións

Descrición do tamaño do local e distribución do mesmo en función dos usos que terán cada parte.

Opcional: Pode facerse un plano ou incluír fotos.

En este punto se estiman os primeiros custos:

1º - O custo do local : hai que elixir entre aluguer ou compra. En cada caso se debe consultar en internet o custo do metro cadrado na zona na modalidade elixida: aluguer ou compra.

2º - O custo de acondicionar o local: pintar, Tirar ou facer tabiques, poñer rótulos, etc.

8. Recursos humanos

8.1 Relación de postos de traballo que se van crear

Describiranse os distintos postos de traballo, as tarefas que se realizarán en cada un deles e a categoría profesional que terá cada un.

Esta información vai determinar o tipo de contrato, e os custos salariais e de seguridade social.

8.3 Organigrama.

Representación gráfica da estrutura de dirección da plantilla.

C-61 Organigrama

8.4 Formas de contratación

Se buscará o convenio colectivo que sexa de aplicación e táboas salariais correspondentes.

Se elixirá o tipo de contrato que se fará a cada traballador.

Ver fichas       C-32 Que é un contrato de traballo?

                        C-33 Que é un convenio colectivo?

                        C-34 Os dereitos e deberes de traballadores e empresarios

C-56 Contratos de traballo

C-63 O salario

Consultar memofichas


                Http:// traballo.xunta.es


No hay comentarios:

Publicar un comentario