IMAGINA, EMPRENDE......

IMAGINA, EMPRENDE......

jueves, 23 de febrero de 2012

ACTIVIDADE 12:A COMUNICACIÓN DO PROXECTO


FICHA C-44: A COMUNICACIÓN Fonte: BicGalicia

Agora debes completar o punto 6 do guión do proxecto. No punto 6.2 Accións de promoción trátase de describir as accións que se desenvolverán para dar a coñecer a existencia e o desenvolvemento do proxecto aos colectivos nos que se atopan os posibles destinatarios finais dos produtos ou servizos.

Pódense empregar distintos mecanismos para dar a coñecer o produto ou servizo:

- Un elemento importante é a imaxe do produto, o empaquetado e envasado, onde o empaquetado é aquela parte que recolle o envase do produto, que é o que recolle o produto. Débese analizar a importancia dos mesmos. Exemplo: nun bote de Cola Cao, o empaquetado é a caixa de cartón e o envase a bolsa que contén o produto.

Isto terémolo en conta tamén si se trata dun servizo xa que a imaxe do producto neste caso é o establecemento, a súa imaxe e o seu rótulo.

Este aspecto xa debe estar recollido do deseño do local e máis do logotipo.

- Só ou en conxunto, véndese individualmente ou conxuntamente con outros produtos ou servizos?

Exemplo: se seguimos co Cola Cao, véndese só, pero tamén mesturado xa con leite, ofreceremos tapa coa consumición?

- Existen mínimos. Cantidade mínima de produto que se vende, estancia mínima nun hotel.

- Prezo. Cales serán as tarifas de prezos? En que nos fixaremos para determinalos?

- Promoción. Descontos, obsequios, premios 2x1, vales promocionais, vendas en datas especiais, mostras, tarxetas de fidelización...

- Medios para darse a coñecer: Venda persoal, marketing directo, Internet, publicidade, relacións públicas...

- Igualmente definirase a forma en que estes produtos ou servizos chegarán aos destinatarios finais do proxecto, é dicir, en u tipo de tendas ou locais se venderán.

Polo tanto, faise preciso analizar os medios que poden ser empregados para dar a coñecer o produto ou servizo: venda persoal, publicidade, relacións públicas e promoción de vendas.

- Venda persoal: é a comunicación oral e persoal a través da cal se transmite a mensaxe ao destinatario e se recibe resposta do mesmo de forma simultánea e inmediata. Isto permite convencelo dos beneficios que lle pode achegar o produto ou servizo.

- Marketing directo: conxunto de instrumentos de promoción directa dirixido a un público previamente seleccionado xeralmente mediante bases de datos. Engloba actividades tales como a publicidade por correo, por teléfono (telemarketing), por fax e correo electrónico.

- Publicidade: é toda transmisión de información impersoal e remunerada efectuada a través dos medios de comunicación de masas (prensa, radio, televisión, etc...) mediante anuncios ou insercións pagados polo vendedor e cuxa mensaxe é controlada polo anunciante.

- Relacións públicas: consisten nun conxunto de actividades que inclúen as relacións coa prensa, o coidado da imaxe e o patrocinio. O obxecto das mesmas é a difusión de información favorable a través dos medios de comunicación, para mellorar a imaxe da entidade e a dos produtos ou servizos que ofrece, tanto ante os distintos públicos aos que se dirixen en particular como ante a sociedade en xeral.

- Promoción de vendas: conxunto de actividades que, mediante a utilización de incentivos materiais o económicos (premios, regalos, cupóns, descontos, maior cantidade de produto, mostras, etc...), tratan de estimular de forma directa e inmediata a demanda a curto prazo dun produto.

PROXECTO Comunicación B2-C044


No hay comentarios:

Publicar un comentario