IMAGINA, EMPRENDE......

IMAGINA, EMPRENDE......

lunes, 7 de mayo de 2012

ACTIVIDADE FINAL Nº 23: PRESENTACIÓN EN POWER POIINT DE TODO O PROXECTO DE EMPRESA

Para finalizar tedes que elaborar unha presentación en PowerPoint para expoñer todo o voso porxecto aos
compañeiros segundo o seguinte calendario de exposicións:

6-6-12 Exposición Bryan-Jhonathan
8-6-12 Exposición Gonzalo-Adrián -Daniel-Marcos
11-6-12 Exposición Senyi-Gabriel-Roberto
13-6-12 Exposición Asel-Ángela-Raquel
15-6-12 Exposición Sergio-Enrique Daniel-Pablo
18-6-12 Exposición ; Guillermo-Patricia; David-Ignacio/


O contido da presentación serán todas as partes do proxecto que fixestedes no curso e que están nos vosos blogs. Podeis preparalas copiando e pegando cousas do blog no powerpoint. Podeis engadir os comentarios
que preciseis, fotografías, etc.


Actividade nº 4: A carta comercial
Actividade nº 9: Análise do contorno
Actividade nº 9: Análise Dafo
Actividade nº 10: Enquisa
Actividade nº 11: Plano do local
Actividade nº 12: A comunicación
Actividade nº 13: A Competencia
Actividade nº 14: Os costes da comunicación
Actividade nº. 15: O Organigrama
Actividade nº 17: Selección dos contratos de traballo
Actividade nº 18: Cálculo dunha nómina
Actividade nº 19: Cadro de ingresos e gastos
Actividade nº 20: Cálculo da inversión inicial
Actividade nº 21: A financiación
Actividade nº22 : A forma xurídica

















domingo, 6 de mayo de 2012

ACTIVIDADE 22:ELECCIÓN DA FORMA XURÍDICA

Outra decisión que debes tomar sobre o teu proxecto é a forma xurídica da empresa: empresario individual, Sociedade Limitada, Sociedade Anónima, Sociedade Cooperativa, Sociedade Laboral, etc.

Para poder decidir necesitas lembar as características, vantaxes e inconvenientes de cada unha.

Podes consultálas no seguinte enlace de Bicgalicia:

TIPOS DE FORMAS XURÍDICAS

Engade no teu proxecto cal forma xurídica escolliches e porque.

Fai un pequeno resume das características principais da forma xurícia escollida.

ACTIVIDADE 21:A FINANCIACIÓN

Copia o importe calculado no cadro de inversión inicial na primeira columna de ingresos y gastos. Probablemente terás unha cifra negativa no mes de Xaneiro. Esto  vai determinar que tomes unha decisión sobre a obtención dos cartos necesarios para montar o negocio:

1º Qué importe vai aportar o propietario ou cada socio.
2º Qué importe vas pedir prestado ao banco.
3º Qué importe che vendría ben obter mediante subvención.

O importe 2º cálculalo mediante un simulador de préstamos bancario que se pode atopar a través da Web e traslada os principais datos ao teu proxecto:

- O importe que pides.
- O plazo.
- O tipo de xuro.
- A cuota mensual que deberás pagar. Ésta última deberás trasladala ao cadro de ingresos e gastos como un gasto mensual máis.

O importe 3º deberás buscar en internet unha subvención que encaixe no teu proxecto.

A FINANCIACIÓN


Calquera actividade emprendedora precisa unha determinada cantidade de capital para arrincar (para
comprar, acondicionar ou alugar o local onde se desenvolve a actividade, os activos fixos, o equipamento,
o stock de mercadoría...); este capital será o que se determine no plan de empresa. É posible que o
emprendedor dispoña do mesmo, aínda que frecuentemente non será suficiente ou ben lle resultará
conveniente acudir a outras formas de financiamento. As fontes de financiamento ás que se pode acudir
son varias:
1)Financiamento propio:
Aforros: nesta categoría poderiamos incluír tanto os aforros como, por exemplo, os bens (un baixo
comercial, por exemplo), que o emprendedor ahegue á actividade.
Busca de novos socios: no caso de que o capital dispoñible non sexa suficiente, o emprendedor pode
acudir á busca de socios que acheguen unha parte do capital preciso, que compartirán tamén o risco
no proxecto e, probablemente, terán a súa parte nas decisións relevantes para a empresa e compartirán
responsabilidades de dirección na mesma
2)Financiamento alleo: é posible que, pola razón que sexa, o capital dispoñible non sexa suficiente e o
emprendedor non precise ou non atope socios. Neste caso, ábrense diversas posibilidades para financiar
o proxecto:
Familia, amigos coñecidos: é un recurso frecuente en actividades emprendedoras de reducido tamaño
pedir cartos emprestados a algún familiar ou coñecido que non asume o risco nin responsabilidade no
proxecto emprendedor; as condicións dependerán da relación que exista entre as persoas e poden ser
máis favorables que as do mercado; o problema está en que a achega de recursos non se formaliza e
non resulta recomendable mesturar relacións persoais e profesionais, e que ademais resulta unha fórmula
limitada a cantidades moi reducidas.
Préstamo bancario: contrato bancario polo que a entidade financeira (banco, caixa de aforros) entrega ao
cliente (emprendedor) unha cantidade de diñeiro; o cliente está obrigado a devolver a mesma cantidade,
no prazo acordado, e ademais os intereses pactados e as comisións (polas xestións realizadas). As
entidades financeiras examinarán se o cliente é solvente (ten capacidade para devolver o préstamo)
e esixirán unha garantía para recuperar parte da débeda en caso de que non o devolva; esta garantía
poderá ser:
− Un aval: unha terceira persoa (posiblemente un familiar, os pais do emprendedor...) garante o pago
do préstamo co seu patrimonio.
− Unha hipoteca: a hipoteca é o dereito da entidade que concede o préstamo a executar (vender,
poxar) un ben inmoble (unha casa, un piso, un local) que se entende que é propiedade de quen o
hipoteca, para garantir o pago do préstamo, no caso de que o emprendedor non o faga.
Liñas de desconto: empréganse sobre todo para solucionar os problemas de liquidez que producen os
períodos de cobro prolongados: no caso de que os clientes tarden un período de tempo elevado en
pagar, o emprendedor pode acudir a unha entidade financeira para que lle adiante os cartos (sempre que
dispoña dun documento ou título, como unha letra de cambio, que demostre esa débeda); a entidade
cobrará xuros por adiantar os cartos e ademais, en caso de non pagamento do cliente, poderá reclamar a
débeda ao emprendedor
Leasing (arrendamento financeiro): é un arrendamento con opción de compra. Emprégase para
equipamento (por exemplo, camións ou autos, maquinaria). Consiste en pagar unha cota periódica
(mensual) á empresa de leasing (que é a propietaria do ben) e ao final da vida útil do mesmo existe
a posibilidade de compralo; emprégase por motivos fiscais e evita desembolsar duna soa vez o prezo
do ben. O prezo da opción de compra é reducido, para garantir que se execute, polo que a empresa é
practicamente propietaria do mesmo (o ben estará incluído no activo da empresa).
Renting: parecido ao leasing, inclúe o mantemento do ben en cuestión.

A PROPORCIÓN DE FINANCIAMENTO ALLEO E PROPIO
A decisión de buscar financiamento alleo dependerá de varios factores. Aparte da dispoñibilidade de
fontes de financiamento, pódense resaltar dous: o prezo e a solvencia.
− Xeralmente, o prezo do financiamento alleo será menor que o propio, como máximo o 50%: os prestamistas, na medida
na que o préstamo estea garantido, esixirán menos rendibilidade que os socios, que están
arriscando o seu capital.
− Por outra parte, un alto nivel de endebedamento pon en cuestión a solvencia da empresa
O ideal, dende logo, sería contar con todo ou polo menos coa a maioría do capital necesario para
pór en marcha a nosa empresa sen necesidade de acudir ao financiamento de terceiros. En caso de
que necesitemos acudir ao financiamento, deberemos ter a capacidade de convencer a quen nos vaia
financiar de que o noso negocio é válido e viable, por iso é obrigatorio contar cun bo Plan de Empresa.

Fonte: Ficha B2-C058
©C.E.E.I. GALICIA, S.A. (BIC GALICIA) para “Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras” http://www.iniciativaemprendedora.org

ACTIVIDADE 20: CALCULO DA INVERSIÓN INICIAL

Elabora un segundo cadro na mesma folla de cálculo para calcular a inversión inicial. Na  folla anterior podes ver un cálculo de exemplo na parte inferior da mesma:

 Debes ter en conta cousas como as seguintes, sempre adaptándolo ao teu negocio:

Acondicionamento do local: pintura, fontanería, electricidadade, decoración, tabiques, etc.
Mobiliario: mesas, sillas, mostrador, lámparas, estanterías, armarios,etc.
Equipos informáticos: ordenador, impresora, caixa rexistradora, etc.
Rótulo.
Electrónica ou electrodomésticos: forno, cociña, calefacción, equipo de música, etc.

Sumando todas estas cousas terás unha cantidade importante que determinará as necesiades de financiación.

ACTIVIDADE 19: CUADRO DE INGRESOS Y GASTOS


Elabora en unha folla de cálculo un cadro de ingresos e gastos do teu proxecto para o primeiro ano.Tes arriba unha que podes utilizar de exemplo.

En primeiro lugar debes estimar os posibles ingresos mediante unha previsión dos clientes que terás e unha media do prezo que van pagar.

A continuación fai una lista dos posibles gastos mensuais. Por exemplo:

Luz, auga, salarios, seguridade social, seguros, mercancía para o almacén, aluguer, publicidade, etc.

Suma todos os ingresos, todos os gastos e despois clacula a diferencia por mes.

Emprega fórmulas que recalculen automáticamente calquer cambio na folla.

viernes, 4 de mayo de 2012

O SALARIO


No recibo de salarios (na nómina) o traballador poderá observar que percibe, por unha parte, un
determinado salario base, ao que se lle poden sumar determinados complementos salariais.

Desta cantidade detráense, por unha parte, as cotizacións sociais a cargo do traballador, que veñen
a representar arredor dun 5 % do salario, máis a retención do Imposto sobre a Renda das Persoas
Físicas, que varía dependendo do salario do traballador, xa que canto máis gañe maior debería ser o tipo
impositivo (a porcentaxe do mesmo) que pague.

E, fóra da nómina, o empregador está obrigado ao pago das cotizacións sociais a cargo do
empresario (varían en función do tipo de contrato, pero poden estar arredor do 20 – 25 % do salario, é
dicir, do salario base máis os complementos).
Tanto as cotizacións sociais como o IRPF son tributos, é dicir, ingresos forzosos para o Estado, pero difiren
na súa finalidade.
− As cotizacións sociais destínanse ao pago das prestacións da Seguridade Social. Simplificando:
− As cotizacións a cargo do empresario serven para pagar as pensións contributivas dos
pensionistas da actualidade e dan dereito a percibilas nun futuro (coas cotizacións dos que
traballen nese momento).
− As cotizacións a cargo do traballador destínanse ao pago do subsidio por desemprego e a
formación.
− Aínda que isto sucedía no pasado recente, as cotizacións sociais, na actualidade, non financian
a Sanidade: o custo da atención sanitaria pública sufrágase mediante impostos.


COMPOSICIÓN DO SALARIO
A estrutura do salario é establecida mediante negociación colectiva ou, en defecto da mesma, no contrato
individual, e comprende:
1)− O salario base:
2)− Complementos salariais:
− A antigüidade.
− As pagas extraordinarias.
− A participación en beneficios.
− Os pluses de distancia e transporte.
− Os complementos do posto de traballo, tales como, toxicidade, perigo, quendas, traballo nocturno,
etc.
− Primas á produción por calidade ou cantidade de traballo.
− Manutención.
− Aloxamento.
− Residencia en provincias insulares, Ceuta e Melilla.

Algunhas retribucións non son consideradas salario, por exemplo, as cantidades percibidas polo traballador
en concepto de:
− Indemnizacións o polos gastos realizados como consecuencia da súa actividade laboral.
− Prestacións e indemnizacións da Seguridade Social.
− Indemnizacións correspondentes a traslados.
− Indemnizacións correspondentes a suspensións ou despedimentos.

Pagas extraordinarias
Os traballadores teñen dereito anualmente, polo menos, a dúas pagas extraordinarias:

FONTE: ©C.E.E.I. GALICIA, S.A. (BIC GALICIA) para “Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras” http://www.iniciativaemprendedora.org

ACTIVIDADE Nº 18: CALCULO DA NÓMINA DUN EMPREGADO

Agora é o momento de estimar os custos dos teus empregados/as.Imos facer uns cálculos aproximados e simplificados. Si queres axustalos máis a realidade debes aplicalos ao tipo de contrato escollido.


Para facer os cálculos necesitas varios elementos:


1º Debes decidir o salario base que lle vas a pagar a cada persoa. Debes comprobar que se atopa entre os máximos e mínimos da súa categoría profesional. Vai ao seguinte enlace para comprobalo:


Grupos de cotización á seguridade social 2011

 
2º Debes calcular o importe da nómina de todos os traballadores para o primeiro mes.
Para facelo lembra os conceptos que podes incluir e que foron explicados previamente. Podes consultar a ficha sobre o salario.


Despois emprega o  modelo de nómina para os cálculos.


No apartado II.DEDUCCIÓNS,facendo algunhas simplificacións ,debes empregar os seguintes porcentaxes aplicados sobre o total devengado:




1. Aportación do traballador ás cotizacións da Seguridade Social e conceptos de recaudación conxunta:
Continxencias Comúns   4,7%
Desemprego                   1,55%
Formación Profesional     0,10%
Total Aportacións:

2.       Imposto sobre a renda das persoas físicas: 7%  

Agora xa sabes o custo salarial líquido ou neto dos traballadores que chamaremos IMPORTE A.




3º Por último imos calcular canto vas ter que pagar mensualmente á seguridade social:
No enlace de arriba á seguridade Social podes comprobar calquer porcentaxe que queiras axustar o teu proxecto.
Terás que sumar dous conceptos:


3.1) A seguridade social a cargo do traballador:
Esto é o importe que calculache na nómina no apartado II DEDUCCIÓNS, EL TOTAL APORTACIÓNS.
3.2) A seguridade social a cargo da empresa
Este importe se obtén calculando sobre o importe A. TOTAL DEVENGADO os porcentaxes seguintes:


Continxencias Comunes           23,60%
Desemprego                                5,40%
Fogasa                                          0,20%
Formación Profesional                0,60%


Sumando 3.1 e 3.2 terás o IMPORTE B que terás que pagar á seguridade social por cada traballador.

O IMPORTE A (salario) MPORTE B (seguridade social) do teu proxecto que deberás ter en conta para o cadro final de ingresos e gastos do proxecto.



martes, 1 de mayo de 2012

ACTIVIDADE Nº 17: O CONTRATO DE TRABALLO CURSO 2011-2012

ACTIVIDADE Nº 17: Selección dos contratos de traballo



Agora que xa tedes feito o organigrama do voso porxecto, debeis decicir que tipo de contrato faredes a cada empregado. Para poder decidir veremos un repaso aos distintos tipos de contrato.

A continuación engade no blog na mesma entrada que describiche as funcións dos postos unha entrada co tipo de contrato que terá cada empregado.

Tamén debeis incluir o salario bruto que lle pagaredes. Lembrade que son 14 pagas ao ano obrigatorias.

ANEXO:

O CONTRATO DE TRABALLO

É un acordo de vontades entre unha empresa e un traballador, mediante o cal este se compromete a prestar persoalmente á empresa os seus servizos retribuídos, a actuar baixo a súa dirección e a cederlle o resultado que obteña ca súa actividade.

Contido do contrato de traballo
A forma de contrato pode ser verbal ou escrita, pero a maioría se lles esixe un modelo oficial. En  xeral debe conter:
- O tipo de traballo acordado.
- A duración.
- O salario e os complementos salariais
- A xornada laboral, (ordinaria e extraordinaria), quendas e vacacións.


Comunicarase ao Servizo Público de Emprego o contido do contrato, no prazo de dez días hábiles seguintes á súa concertación.

Elementos persoais do contrato de traballo:

En dereito esíxese que quen subscriba un contrato teñan capacidade de obrar, é dicir, que poidan realizar actos xurídicamente válidos. En España esta capacidade obtense ao cumprir os 18 anos e desde os 16 en determinados casos como a emancipación legal por matrimonio ou por concesión dos pais.

A capacidade de obrar pódese perder ou limitar por incapacidade física ou psíquica ou en virtude de sentenza xudicial. A idade mínima para poder traballar son os 16 anos. Os maiores de 16 anos e menores de 18 necesitan a autorización dos seus pais ou titores legais. Esta autorización non é necesaria se o menor está emancipado ou vive de forma independente.


Os menores de 16 anos só poderán traballar en actos ou espectáculos públicos previa solicitude da autoridade laboral. Os traballadores estranxeiros comunitarios teñen liberdade para traballar en España, da mesma xeito que os españois poden libremente traballar noutro país da Unión.

Os traballadores estranxeiros non comunitarios necesitan solicitar un permiso de traballo e permiso de residencia para traballar en España.





TIPOS DE CONTRATOS
1.   CONTRATOS DE TRABALLO INDEFINIDOS
2.   CONTRATOS DE TRABALLO TEMPORAIS OU DE DURACIÓN DETERMINADA
3.   CONTRATOS A TEMPO PARCIAL
4.   CONTRATOS FORMATIVOS
+Info: www.sepe.es

1.CONTRATO DE TRABALLO DE DURACIÓN INDEFINIDA
Aquel que se concierta sen establecer límites de tempo na prestación dous servizo, en canto á duración do contrato.
 Límite ao encadenamiento de contratos temporais:
             A partir do 31/12/2012, os traballadores que  nun período de vinte e catro  (24) meses estivesen contratados durante un prazo de 2 anos e medio, mediante dous ou mais contratos temporais, adquirirán a condición de fixos.
Transformación en indefinidos
       -Os traballadores que non sexan dados de alta na Seguridade Social.
        -Os traballadores con contratos temporais celebrados en fraude de lei.

MODALIDADES

1. Indefinido Ordinario
2. Indefinido de apoio aos emprendedores (Lei 3/2012): para desempregados, con período de proba dun ano e empresas de menos de 50 traballadores, bonificacións se o mantén 3 anos.
3. Indefinido Bonificado: Mozos, discapacitados, maiores de 45 anos, parados de longa duración, mulleres vítimas de violencia de xénero,etc.
4. Fixos Descontinuos: Traballos que se repiten ao longo do ano.
As bonificacións son descontos na cotización á seguridade social na parte da empresa.

2. CONTRATOS DE TRABALLO TEMPORAL
(art. 15 ET)
Poden ser a xornada completa ou tempo parcial.
2.1 Obra ou Servizo: Para a realización da mesma. Agora máximo 2 anos.
2.2.Eventual por circunstancias da produción: A súa finalidade é atender ás esixencias circunstanciais do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos. Máximo  6 meses dentro dun período de 12 meses.
2.3. Interinidade: Substitución de traballadores que teñen dereito a que se lles reserve o seu posto de traballo. Exemplos: baixas por enfermidade, risco no embarazo, maternidade, paternidade, accidente, excedencia para coidado de familiar ou fillo.
2.4 Relevo: para substituír ao traballador da empresa que accede á xubilación parcial.
O traballador ten dereito a 8 días de salario/ano traballado (art.49.1c ET)

3.CONTRATOS DE TRABALLO A tempo parcial

Concepto: O contrato de traballo entenderase celebrado a tempo parcial cando se acorde a prestación de servizos durante un número de horas ao día, á semana, ao mes ou ao ano inferior á xornada de traballo dun traballador a tempo completo comparable.
Duración: Por tempo indefinido ou por duración determinada.


4.CONTRATOS FORMATIVOS

4.1 Contrato en Prácticas
4.2 Contrato para a formación

4.1 Contrato en Prácticas
R.D. 488/98
Titulación requirida: Título universitario oude Formación Profesional de grao medio ou superior ou oficialmente equivalentes
Prazo desde a terminación dos estudos: catro anos ou seis anos cando o traballador sexa  discapacitado.
O posto de traballo deberá permitir a obtención da práctica profesional
A duración do contrato non pode ser inferior a 6 meses nin exceder de 3 anos.
A retribución do traballador será a fixada no convenio colectivo, non inferior ao 60% o  primeiro ano e ao  75% o segundo ano, do salario fixado por convenio para un traballador que desempeñe o  mesmo posto de traballo nun posto equivalente.
O período de proba non pode ser superior a 1 mes para titular de grao medio e 2 meses para vos de grao superior.
O salario nunca pode ser inferior ó salario mínimo interprofesional
Non caso de que ou contrato en prácticas sexa a tempo parcial, o salario reducirase en proporción ao tempo efectivamente traballado.
4.2 Contrato para a formación
         R.D. 488/98 e art. 11 ET
Requisitos: Traballadores maiores de 16 anos e menores de 25 anos, que non teñan a titulación requirida para formalizar un contrato en prácticas. ( Temporalmente até os 30 anos)
Obxecto: Adquisición dá formación teórica e práctica necesaria para ou desempeño dun oficio ou un posto de traballo cualificado.
Duración: Mínima 6 meses, máxima 3 anos. Non se poderá celebrar cando o traballador xa desempeñase o posto na empresa durante máis de 12 meses.
Formación:
Teórica: Non poderá ser inferior ou 25% da xornada máxima o primeiro ano e ao 15% o segundo e terá por obxecto:
       a) Xeralmente: Os contidos teóricos dos módulos formativos do certificado profesional da ocupación correspondente ao posto de traballo.
        b) Completar a escolaridad obrigatoria cando o traballador non a teña.
Retribución: será a fixada no convenio colectivo, non inferior ao SMI en proporción  ao tempo traballado efectivo.