IMAGINA, EMPRENDE......

IMAGINA, EMPRENDE......

domingo, 6 de mayo de 2012

ACTIVIDADE 21:A FINANCIACIÓN

Copia o importe calculado no cadro de inversión inicial na primeira columna de ingresos y gastos. Probablemente terás unha cifra negativa no mes de Xaneiro. Esto  vai determinar que tomes unha decisión sobre a obtención dos cartos necesarios para montar o negocio:

1º Qué importe vai aportar o propietario ou cada socio.
2º Qué importe vas pedir prestado ao banco.
3º Qué importe che vendría ben obter mediante subvención.

O importe 2º cálculalo mediante un simulador de préstamos bancario que se pode atopar a través da Web e traslada os principais datos ao teu proxecto:

- O importe que pides.
- O plazo.
- O tipo de xuro.
- A cuota mensual que deberás pagar. Ésta última deberás trasladala ao cadro de ingresos e gastos como un gasto mensual máis.

O importe 3º deberás buscar en internet unha subvención que encaixe no teu proxecto.

A FINANCIACIÓN


Calquera actividade emprendedora precisa unha determinada cantidade de capital para arrincar (para
comprar, acondicionar ou alugar o local onde se desenvolve a actividade, os activos fixos, o equipamento,
o stock de mercadoría...); este capital será o que se determine no plan de empresa. É posible que o
emprendedor dispoña do mesmo, aínda que frecuentemente non será suficiente ou ben lle resultará
conveniente acudir a outras formas de financiamento. As fontes de financiamento ás que se pode acudir
son varias:
1)Financiamento propio:
Aforros: nesta categoría poderiamos incluír tanto os aforros como, por exemplo, os bens (un baixo
comercial, por exemplo), que o emprendedor ahegue á actividade.
Busca de novos socios: no caso de que o capital dispoñible non sexa suficiente, o emprendedor pode
acudir á busca de socios que acheguen unha parte do capital preciso, que compartirán tamén o risco
no proxecto e, probablemente, terán a súa parte nas decisións relevantes para a empresa e compartirán
responsabilidades de dirección na mesma
2)Financiamento alleo: é posible que, pola razón que sexa, o capital dispoñible non sexa suficiente e o
emprendedor non precise ou non atope socios. Neste caso, ábrense diversas posibilidades para financiar
o proxecto:
Familia, amigos coñecidos: é un recurso frecuente en actividades emprendedoras de reducido tamaño
pedir cartos emprestados a algún familiar ou coñecido que non asume o risco nin responsabilidade no
proxecto emprendedor; as condicións dependerán da relación que exista entre as persoas e poden ser
máis favorables que as do mercado; o problema está en que a achega de recursos non se formaliza e
non resulta recomendable mesturar relacións persoais e profesionais, e que ademais resulta unha fórmula
limitada a cantidades moi reducidas.
Préstamo bancario: contrato bancario polo que a entidade financeira (banco, caixa de aforros) entrega ao
cliente (emprendedor) unha cantidade de diñeiro; o cliente está obrigado a devolver a mesma cantidade,
no prazo acordado, e ademais os intereses pactados e as comisións (polas xestións realizadas). As
entidades financeiras examinarán se o cliente é solvente (ten capacidade para devolver o préstamo)
e esixirán unha garantía para recuperar parte da débeda en caso de que non o devolva; esta garantía
poderá ser:
− Un aval: unha terceira persoa (posiblemente un familiar, os pais do emprendedor...) garante o pago
do préstamo co seu patrimonio.
− Unha hipoteca: a hipoteca é o dereito da entidade que concede o préstamo a executar (vender,
poxar) un ben inmoble (unha casa, un piso, un local) que se entende que é propiedade de quen o
hipoteca, para garantir o pago do préstamo, no caso de que o emprendedor non o faga.
Liñas de desconto: empréganse sobre todo para solucionar os problemas de liquidez que producen os
períodos de cobro prolongados: no caso de que os clientes tarden un período de tempo elevado en
pagar, o emprendedor pode acudir a unha entidade financeira para que lle adiante os cartos (sempre que
dispoña dun documento ou título, como unha letra de cambio, que demostre esa débeda); a entidade
cobrará xuros por adiantar os cartos e ademais, en caso de non pagamento do cliente, poderá reclamar a
débeda ao emprendedor
Leasing (arrendamento financeiro): é un arrendamento con opción de compra. Emprégase para
equipamento (por exemplo, camións ou autos, maquinaria). Consiste en pagar unha cota periódica
(mensual) á empresa de leasing (que é a propietaria do ben) e ao final da vida útil do mesmo existe
a posibilidade de compralo; emprégase por motivos fiscais e evita desembolsar duna soa vez o prezo
do ben. O prezo da opción de compra é reducido, para garantir que se execute, polo que a empresa é
practicamente propietaria do mesmo (o ben estará incluído no activo da empresa).
Renting: parecido ao leasing, inclúe o mantemento do ben en cuestión.

A PROPORCIÓN DE FINANCIAMENTO ALLEO E PROPIO
A decisión de buscar financiamento alleo dependerá de varios factores. Aparte da dispoñibilidade de
fontes de financiamento, pódense resaltar dous: o prezo e a solvencia.
− Xeralmente, o prezo do financiamento alleo será menor que o propio, como máximo o 50%: os prestamistas, na medida
na que o préstamo estea garantido, esixirán menos rendibilidade que os socios, que están
arriscando o seu capital.
− Por outra parte, un alto nivel de endebedamento pon en cuestión a solvencia da empresa
O ideal, dende logo, sería contar con todo ou polo menos coa a maioría do capital necesario para
pór en marcha a nosa empresa sen necesidade de acudir ao financiamento de terceiros. En caso de
que necesitemos acudir ao financiamento, deberemos ter a capacidade de convencer a quen nos vaia
financiar de que o noso negocio é válido e viable, por iso é obrigatorio contar cun bo Plan de Empresa.

Fonte: Ficha B2-C058
©C.E.E.I. GALICIA, S.A. (BIC GALICIA) para “Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras” http://www.iniciativaemprendedora.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario