IMAGINA, EMPRENDE......

IMAGINA, EMPRENDE......

viernes, 4 de mayo de 2012

ACTIVIDADE Nº 18: CALCULO DA NÓMINA DUN EMPREGADO

Agora é o momento de estimar os custos dos teus empregados/as.Imos facer uns cálculos aproximados e simplificados. Si queres axustalos máis a realidade debes aplicalos ao tipo de contrato escollido.


Para facer os cálculos necesitas varios elementos:


1º Debes decidir o salario base que lle vas a pagar a cada persoa. Debes comprobar que se atopa entre os máximos e mínimos da súa categoría profesional. Vai ao seguinte enlace para comprobalo:


Grupos de cotización á seguridade social 2011

 
2º Debes calcular o importe da nómina de todos os traballadores para o primeiro mes.
Para facelo lembra os conceptos que podes incluir e que foron explicados previamente. Podes consultar a ficha sobre o salario.


Despois emprega o  modelo de nómina para os cálculos.


No apartado II.DEDUCCIÓNS,facendo algunhas simplificacións ,debes empregar os seguintes porcentaxes aplicados sobre o total devengado:




1. Aportación do traballador ás cotizacións da Seguridade Social e conceptos de recaudación conxunta:
Continxencias Comúns   4,7%
Desemprego                   1,55%
Formación Profesional     0,10%
Total Aportacións:

2.       Imposto sobre a renda das persoas físicas: 7%  

Agora xa sabes o custo salarial líquido ou neto dos traballadores que chamaremos IMPORTE A.




3º Por último imos calcular canto vas ter que pagar mensualmente á seguridade social:
No enlace de arriba á seguridade Social podes comprobar calquer porcentaxe que queiras axustar o teu proxecto.
Terás que sumar dous conceptos:


3.1) A seguridade social a cargo do traballador:
Esto é o importe que calculache na nómina no apartado II DEDUCCIÓNS, EL TOTAL APORTACIÓNS.
3.2) A seguridade social a cargo da empresa
Este importe se obtén calculando sobre o importe A. TOTAL DEVENGADO os porcentaxes seguintes:


Continxencias Comunes           23,60%
Desemprego                                5,40%
Fogasa                                          0,20%
Formación Profesional                0,60%


Sumando 3.1 e 3.2 terás o IMPORTE B que terás que pagar á seguridade social por cada traballador.

O IMPORTE A (salario) MPORTE B (seguridade social) do teu proxecto que deberás ter en conta para o cadro final de ingresos e gastos do proxecto.



No hay comentarios:

Publicar un comentario