IMAGINA, EMPRENDE......

IMAGINA, EMPRENDE......

viernes, 4 de mayo de 2012

O SALARIO


No recibo de salarios (na nómina) o traballador poderá observar que percibe, por unha parte, un
determinado salario base, ao que se lle poden sumar determinados complementos salariais.

Desta cantidade detráense, por unha parte, as cotizacións sociais a cargo do traballador, que veñen
a representar arredor dun 5 % do salario, máis a retención do Imposto sobre a Renda das Persoas
Físicas, que varía dependendo do salario do traballador, xa que canto máis gañe maior debería ser o tipo
impositivo (a porcentaxe do mesmo) que pague.

E, fóra da nómina, o empregador está obrigado ao pago das cotizacións sociais a cargo do
empresario (varían en función do tipo de contrato, pero poden estar arredor do 20 – 25 % do salario, é
dicir, do salario base máis os complementos).
Tanto as cotizacións sociais como o IRPF son tributos, é dicir, ingresos forzosos para o Estado, pero difiren
na súa finalidade.
− As cotizacións sociais destínanse ao pago das prestacións da Seguridade Social. Simplificando:
− As cotizacións a cargo do empresario serven para pagar as pensións contributivas dos
pensionistas da actualidade e dan dereito a percibilas nun futuro (coas cotizacións dos que
traballen nese momento).
− As cotizacións a cargo do traballador destínanse ao pago do subsidio por desemprego e a
formación.
− Aínda que isto sucedía no pasado recente, as cotizacións sociais, na actualidade, non financian
a Sanidade: o custo da atención sanitaria pública sufrágase mediante impostos.


COMPOSICIÓN DO SALARIO
A estrutura do salario é establecida mediante negociación colectiva ou, en defecto da mesma, no contrato
individual, e comprende:
1)− O salario base:
2)− Complementos salariais:
− A antigüidade.
− As pagas extraordinarias.
− A participación en beneficios.
− Os pluses de distancia e transporte.
− Os complementos do posto de traballo, tales como, toxicidade, perigo, quendas, traballo nocturno,
etc.
− Primas á produción por calidade ou cantidade de traballo.
− Manutención.
− Aloxamento.
− Residencia en provincias insulares, Ceuta e Melilla.

Algunhas retribucións non son consideradas salario, por exemplo, as cantidades percibidas polo traballador
en concepto de:
− Indemnizacións o polos gastos realizados como consecuencia da súa actividade laboral.
− Prestacións e indemnizacións da Seguridade Social.
− Indemnizacións correspondentes a traslados.
− Indemnizacións correspondentes a suspensións ou despedimentos.

Pagas extraordinarias
Os traballadores teñen dereito anualmente, polo menos, a dúas pagas extraordinarias:

FONTE: ©C.E.E.I. GALICIA, S.A. (BIC GALICIA) para “Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras” http://www.iniciativaemprendedora.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario