IMAGINA, EMPRENDE......

IMAGINA, EMPRENDE......

lunes, 7 de mayo de 2012

ACTIVIDADE FINAL Nº 23: PRESENTACIÓN EN POWER POIINT DE TODO O PROXECTO DE EMPRESA

Para finalizar tedes que elaborar unha presentación en PowerPoint para expoñer todo o voso porxecto aos
compañeiros segundo o seguinte calendario de exposicións:

6-6-12 Exposición Bryan-Jhonathan
8-6-12 Exposición Gonzalo-Adrián -Daniel-Marcos
11-6-12 Exposición Senyi-Gabriel-Roberto
13-6-12 Exposición Asel-Ángela-Raquel
15-6-12 Exposición Sergio-Enrique Daniel-Pablo
18-6-12 Exposición ; Guillermo-Patricia; David-Ignacio/


O contido da presentación serán todas as partes do proxecto que fixestedes no curso e que están nos vosos blogs. Podeis preparalas copiando e pegando cousas do blog no powerpoint. Podeis engadir os comentarios
que preciseis, fotografías, etc.


Actividade nº 4: A carta comercial
Actividade nº 9: Análise do contorno
Actividade nº 9: Análise Dafo
Actividade nº 10: Enquisa
Actividade nº 11: Plano do local
Actividade nº 12: A comunicación
Actividade nº 13: A Competencia
Actividade nº 14: Os costes da comunicación
Actividade nº. 15: O Organigrama
Actividade nº 17: Selección dos contratos de traballo
Actividade nº 18: Cálculo dunha nómina
Actividade nº 19: Cadro de ingresos e gastos
Actividade nº 20: Cálculo da inversión inicial
Actividade nº 21: A financiación
Actividade nº22 : A forma xurídica

















domingo, 6 de mayo de 2012

ACTIVIDADE 22:ELECCIÓN DA FORMA XURÍDICA

Outra decisión que debes tomar sobre o teu proxecto é a forma xurídica da empresa: empresario individual, Sociedade Limitada, Sociedade Anónima, Sociedade Cooperativa, Sociedade Laboral, etc.

Para poder decidir necesitas lembar as características, vantaxes e inconvenientes de cada unha.

Podes consultálas no seguinte enlace de Bicgalicia:

TIPOS DE FORMAS XURÍDICAS

Engade no teu proxecto cal forma xurídica escolliches e porque.

Fai un pequeno resume das características principais da forma xurícia escollida.

ACTIVIDADE 21:A FINANCIACIÓN

Copia o importe calculado no cadro de inversión inicial na primeira columna de ingresos y gastos. Probablemente terás unha cifra negativa no mes de Xaneiro. Esto  vai determinar que tomes unha decisión sobre a obtención dos cartos necesarios para montar o negocio:

1º Qué importe vai aportar o propietario ou cada socio.
2º Qué importe vas pedir prestado ao banco.
3º Qué importe che vendría ben obter mediante subvención.

O importe 2º cálculalo mediante un simulador de préstamos bancario que se pode atopar a través da Web e traslada os principais datos ao teu proxecto:

- O importe que pides.
- O plazo.
- O tipo de xuro.
- A cuota mensual que deberás pagar. Ésta última deberás trasladala ao cadro de ingresos e gastos como un gasto mensual máis.

O importe 3º deberás buscar en internet unha subvención que encaixe no teu proxecto.

A FINANCIACIÓN


Calquera actividade emprendedora precisa unha determinada cantidade de capital para arrincar (para
comprar, acondicionar ou alugar o local onde se desenvolve a actividade, os activos fixos, o equipamento,
o stock de mercadoría...); este capital será o que se determine no plan de empresa. É posible que o
emprendedor dispoña do mesmo, aínda que frecuentemente non será suficiente ou ben lle resultará
conveniente acudir a outras formas de financiamento. As fontes de financiamento ás que se pode acudir
son varias:
1)Financiamento propio:
Aforros: nesta categoría poderiamos incluír tanto os aforros como, por exemplo, os bens (un baixo
comercial, por exemplo), que o emprendedor ahegue á actividade.
Busca de novos socios: no caso de que o capital dispoñible non sexa suficiente, o emprendedor pode
acudir á busca de socios que acheguen unha parte do capital preciso, que compartirán tamén o risco
no proxecto e, probablemente, terán a súa parte nas decisións relevantes para a empresa e compartirán
responsabilidades de dirección na mesma
2)Financiamento alleo: é posible que, pola razón que sexa, o capital dispoñible non sexa suficiente e o
emprendedor non precise ou non atope socios. Neste caso, ábrense diversas posibilidades para financiar
o proxecto:
Familia, amigos coñecidos: é un recurso frecuente en actividades emprendedoras de reducido tamaño
pedir cartos emprestados a algún familiar ou coñecido que non asume o risco nin responsabilidade no
proxecto emprendedor; as condicións dependerán da relación que exista entre as persoas e poden ser
máis favorables que as do mercado; o problema está en que a achega de recursos non se formaliza e
non resulta recomendable mesturar relacións persoais e profesionais, e que ademais resulta unha fórmula
limitada a cantidades moi reducidas.
Préstamo bancario: contrato bancario polo que a entidade financeira (banco, caixa de aforros) entrega ao
cliente (emprendedor) unha cantidade de diñeiro; o cliente está obrigado a devolver a mesma cantidade,
no prazo acordado, e ademais os intereses pactados e as comisións (polas xestións realizadas). As
entidades financeiras examinarán se o cliente é solvente (ten capacidade para devolver o préstamo)
e esixirán unha garantía para recuperar parte da débeda en caso de que non o devolva; esta garantía
poderá ser:
− Un aval: unha terceira persoa (posiblemente un familiar, os pais do emprendedor...) garante o pago
do préstamo co seu patrimonio.
− Unha hipoteca: a hipoteca é o dereito da entidade que concede o préstamo a executar (vender,
poxar) un ben inmoble (unha casa, un piso, un local) que se entende que é propiedade de quen o
hipoteca, para garantir o pago do préstamo, no caso de que o emprendedor non o faga.
Liñas de desconto: empréganse sobre todo para solucionar os problemas de liquidez que producen os
períodos de cobro prolongados: no caso de que os clientes tarden un período de tempo elevado en
pagar, o emprendedor pode acudir a unha entidade financeira para que lle adiante os cartos (sempre que
dispoña dun documento ou título, como unha letra de cambio, que demostre esa débeda); a entidade
cobrará xuros por adiantar os cartos e ademais, en caso de non pagamento do cliente, poderá reclamar a
débeda ao emprendedor
Leasing (arrendamento financeiro): é un arrendamento con opción de compra. Emprégase para
equipamento (por exemplo, camións ou autos, maquinaria). Consiste en pagar unha cota periódica
(mensual) á empresa de leasing (que é a propietaria do ben) e ao final da vida útil do mesmo existe
a posibilidade de compralo; emprégase por motivos fiscais e evita desembolsar duna soa vez o prezo
do ben. O prezo da opción de compra é reducido, para garantir que se execute, polo que a empresa é
practicamente propietaria do mesmo (o ben estará incluído no activo da empresa).
Renting: parecido ao leasing, inclúe o mantemento do ben en cuestión.

A PROPORCIÓN DE FINANCIAMENTO ALLEO E PROPIO
A decisión de buscar financiamento alleo dependerá de varios factores. Aparte da dispoñibilidade de
fontes de financiamento, pódense resaltar dous: o prezo e a solvencia.
− Xeralmente, o prezo do financiamento alleo será menor que o propio, como máximo o 50%: os prestamistas, na medida
na que o préstamo estea garantido, esixirán menos rendibilidade que os socios, que están
arriscando o seu capital.
− Por outra parte, un alto nivel de endebedamento pon en cuestión a solvencia da empresa
O ideal, dende logo, sería contar con todo ou polo menos coa a maioría do capital necesario para
pór en marcha a nosa empresa sen necesidade de acudir ao financiamento de terceiros. En caso de
que necesitemos acudir ao financiamento, deberemos ter a capacidade de convencer a quen nos vaia
financiar de que o noso negocio é válido e viable, por iso é obrigatorio contar cun bo Plan de Empresa.

Fonte: Ficha B2-C058
©C.E.E.I. GALICIA, S.A. (BIC GALICIA) para “Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras” http://www.iniciativaemprendedora.org

ACTIVIDADE 20: CALCULO DA INVERSIÓN INICIAL

Elabora un segundo cadro na mesma folla de cálculo para calcular a inversión inicial. Na  folla anterior podes ver un cálculo de exemplo na parte inferior da mesma:

 Debes ter en conta cousas como as seguintes, sempre adaptándolo ao teu negocio:

Acondicionamento do local: pintura, fontanería, electricidadade, decoración, tabiques, etc.
Mobiliario: mesas, sillas, mostrador, lámparas, estanterías, armarios,etc.
Equipos informáticos: ordenador, impresora, caixa rexistradora, etc.
Rótulo.
Electrónica ou electrodomésticos: forno, cociña, calefacción, equipo de música, etc.

Sumando todas estas cousas terás unha cantidade importante que determinará as necesiades de financiación.

ACTIVIDADE 19: CUADRO DE INGRESOS Y GASTOS


Elabora en unha folla de cálculo un cadro de ingresos e gastos do teu proxecto para o primeiro ano.Tes arriba unha que podes utilizar de exemplo.

En primeiro lugar debes estimar os posibles ingresos mediante unha previsión dos clientes que terás e unha media do prezo que van pagar.

A continuación fai una lista dos posibles gastos mensuais. Por exemplo:

Luz, auga, salarios, seguridade social, seguros, mercancía para o almacén, aluguer, publicidade, etc.

Suma todos os ingresos, todos os gastos e despois clacula a diferencia por mes.

Emprega fórmulas que recalculen automáticamente calquer cambio na folla.

viernes, 4 de mayo de 2012

O SALARIO


No recibo de salarios (na nómina) o traballador poderá observar que percibe, por unha parte, un
determinado salario base, ao que se lle poden sumar determinados complementos salariais.

Desta cantidade detráense, por unha parte, as cotizacións sociais a cargo do traballador, que veñen
a representar arredor dun 5 % do salario, máis a retención do Imposto sobre a Renda das Persoas
Físicas, que varía dependendo do salario do traballador, xa que canto máis gañe maior debería ser o tipo
impositivo (a porcentaxe do mesmo) que pague.

E, fóra da nómina, o empregador está obrigado ao pago das cotizacións sociais a cargo do
empresario (varían en función do tipo de contrato, pero poden estar arredor do 20 – 25 % do salario, é
dicir, do salario base máis os complementos).
Tanto as cotizacións sociais como o IRPF son tributos, é dicir, ingresos forzosos para o Estado, pero difiren
na súa finalidade.
− As cotizacións sociais destínanse ao pago das prestacións da Seguridade Social. Simplificando:
− As cotizacións a cargo do empresario serven para pagar as pensións contributivas dos
pensionistas da actualidade e dan dereito a percibilas nun futuro (coas cotizacións dos que
traballen nese momento).
− As cotizacións a cargo do traballador destínanse ao pago do subsidio por desemprego e a
formación.
− Aínda que isto sucedía no pasado recente, as cotizacións sociais, na actualidade, non financian
a Sanidade: o custo da atención sanitaria pública sufrágase mediante impostos.


COMPOSICIÓN DO SALARIO
A estrutura do salario é establecida mediante negociación colectiva ou, en defecto da mesma, no contrato
individual, e comprende:
1)− O salario base:
2)− Complementos salariais:
− A antigüidade.
− As pagas extraordinarias.
− A participación en beneficios.
− Os pluses de distancia e transporte.
− Os complementos do posto de traballo, tales como, toxicidade, perigo, quendas, traballo nocturno,
etc.
− Primas á produción por calidade ou cantidade de traballo.
− Manutención.
− Aloxamento.
− Residencia en provincias insulares, Ceuta e Melilla.

Algunhas retribucións non son consideradas salario, por exemplo, as cantidades percibidas polo traballador
en concepto de:
− Indemnizacións o polos gastos realizados como consecuencia da súa actividade laboral.
− Prestacións e indemnizacións da Seguridade Social.
− Indemnizacións correspondentes a traslados.
− Indemnizacións correspondentes a suspensións ou despedimentos.

Pagas extraordinarias
Os traballadores teñen dereito anualmente, polo menos, a dúas pagas extraordinarias:

FONTE: ©C.E.E.I. GALICIA, S.A. (BIC GALICIA) para “Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras” http://www.iniciativaemprendedora.org

ACTIVIDADE Nº 18: CALCULO DA NÓMINA DUN EMPREGADO

Agora é o momento de estimar os custos dos teus empregados/as.Imos facer uns cálculos aproximados e simplificados. Si queres axustalos máis a realidade debes aplicalos ao tipo de contrato escollido.


Para facer os cálculos necesitas varios elementos:


1º Debes decidir o salario base que lle vas a pagar a cada persoa. Debes comprobar que se atopa entre os máximos e mínimos da súa categoría profesional. Vai ao seguinte enlace para comprobalo:


Grupos de cotización á seguridade social 2011

 
2º Debes calcular o importe da nómina de todos os traballadores para o primeiro mes.
Para facelo lembra os conceptos que podes incluir e que foron explicados previamente. Podes consultar a ficha sobre o salario.


Despois emprega o  modelo de nómina para os cálculos.


No apartado II.DEDUCCIÓNS,facendo algunhas simplificacións ,debes empregar os seguintes porcentaxes aplicados sobre o total devengado:




1. Aportación do traballador ás cotizacións da Seguridade Social e conceptos de recaudación conxunta:
Continxencias Comúns   4,7%
Desemprego                   1,55%
Formación Profesional     0,10%
Total Aportacións:

2.       Imposto sobre a renda das persoas físicas: 7%  

Agora xa sabes o custo salarial líquido ou neto dos traballadores que chamaremos IMPORTE A.




3º Por último imos calcular canto vas ter que pagar mensualmente á seguridade social:
No enlace de arriba á seguridade Social podes comprobar calquer porcentaxe que queiras axustar o teu proxecto.
Terás que sumar dous conceptos:


3.1) A seguridade social a cargo do traballador:
Esto é o importe que calculache na nómina no apartado II DEDUCCIÓNS, EL TOTAL APORTACIÓNS.
3.2) A seguridade social a cargo da empresa
Este importe se obtén calculando sobre o importe A. TOTAL DEVENGADO os porcentaxes seguintes:


Continxencias Comunes           23,60%
Desemprego                                5,40%
Fogasa                                          0,20%
Formación Profesional                0,60%


Sumando 3.1 e 3.2 terás o IMPORTE B que terás que pagar á seguridade social por cada traballador.

O IMPORTE A (salario) MPORTE B (seguridade social) do teu proxecto que deberás ter en conta para o cadro final de ingresos e gastos do proxecto.