IMAGINA, EMPRENDE......

IMAGINA, EMPRENDE......

lunes, 24 de enero de 2011

O ANÁLISE DAFO

Actividade Nº 5 . Proxecto de empresa: Elabora o análise DAFO da túa idea de negocio.
Podes consultar modelos de plan de empresa nas seguinte páxinas:
http://www.crearempresas.com/
http://www.bicgalicia.org/index.php?option=com_content&view=article&id=246&Itemid=84&lang=gl

A continuación tes un recordatorio do análise DAFO:

O ANÁLISE DAFO
Descrición:Como técnica de diagnostico e definición do proxecto emprendedor, recorreremos ás propias de identificación de problemas e solucións, a través da técnica DAFO.
A metodoloxía tradicional DAFO ten como obxectivo a realización de diagnóstico exhaustiva da problemática analizada, a partir da identificación dos aspectos positivos internos (fortalezas) e externos (oportunidades) así como de aspectos negativos internos (debilidades) e externos (ameazas).         
A análise das Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades é un modelo conceptual que facilita o estudo sistemático e que nos permite comparar as ameazas e oportunidades externas coas fortalezas e debilidades internas. Debemos tamén ter en conta que as fortalezas e debilidades son actuais (Tempo presente), mentres que as ameazas e oportunidades son provocadas por unha análise a posteriori.           
Unha fortaleza é unha vantaxe competitiva, unha oportunidade é a posibilidade de obter unha vantaxe competitiva no futuro se se tomaren as medidas pertinentes. Polo contrario unha debilidade é unha carencia ou un punto débil e unha ameaza unha tendencia desfavorable.

En definitiva, os obxectivos da súa aplicación:
- ­Lograr un entendemento común dos problemas   
­

- Proporcionar unha definición clara e realista dos medios para conseguir a meta  
­

- Establecer os indicadores para o seguimento e avaliación do proxecto
Ferramentas:     
Nas Guías de Actividade Empresarial dentro do apartado de Mercado (Situación actual e previsións para o futuro) dispós dalgún exemplo que che pode servir de referencia 

Puntos chave:
  • Debilidades
  • Ameazas
  • Fortalezas
  • Oportunidades





 
Fonte: Igape.Bicgalicia.


       

No hay comentarios:

Publicar un comentario